Sunday 28 de April de 2024

Eduxar en Xustiza


O alumnado de 4º da ESO do IES de Ortigueira participou esta semana na actividade ‘Educar en Xustiza’ promovida polo Consello Xeral do Poder Xudicial. Da man da xuíza Diana Vales Lagoa coñeceron as funcións de cada un dos axentes que participan nun xuízo, así como o desenvolvemento do mesmo. Ao final da xornada, alumnos e alumnas expuxeron as súas dúbidas e opinións sobre o procedemento.